A qué vos dedicades?
Turismo na Terra Chá

A plataforma dixital promovida polo GDR Terra Chá busca impulsar o turismo na comarca da Terra Chá (Lugo) e dar a coñecer aos concellos chairegos mostrando o seu potencial gastronómico, etnográfico, cultural, natural, así como todas aquelas empresas vinculadas co turismo e o ocio desta comarca galega.

Este proxecto, foi galardoado en outubro de 2011 nos premios Innova-G II, organizados pola Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic) en colaboración coa Xunta, para recoñecer iniciativas e empresas que conxugan originaxinalidade, calidade e accesibilidade nos seus proxectos 2.0.

Estudo e seguemento das tendencias en viaxes e a súa relación co mundo on-line

O primeiro paso que nos plateamos era crear un plan de dinamización turística dixital adaptado e enfocado a un novo concepto de viaxeiro que nace estreitamente vinculado á Internet.

Éramos conscientes de que a relación entre la busca de inspiración en Internet e a planificación de viaxes é clara. As recomendacións de amigos e viaxieros anónimos na Rede son a maior fonte de confianza, información e inspiración para a selección de destino.

Sobre esta base adicamos un ano completo para por no "mapa dixital" a esta comarca combinando diferentes accións como:

  • 1. Imaxe corporativa: unha imaxe corporativa específica; creando o lema “Terra Chá, onde nace Galicia" nas reunións de coordinación
  • 2. Plataforma dixital: desenvolvemento dunha plataforma dixital colaborativa (http://www.turismoterracha.es) con información sobre natureza, termalismo, gastronomía, cultura, festas…;
  • 3. Dinamización en redes sociais: cóntase nas redes sociais cunha participación activa de 4.000 usuarios de diferentes países.
  • 4. Contacto cos establecementos: Cada establecemento conta cun blog corporativo, a posibilidade de publicar na plataforma dixital así como sistemas de contacto.
Características

Cliente

Grupo de Desenvolvemento Comarcal Terra Chá

Tecnoloxía

CMS Drupal + Community Manager
Branding + diseño
XHTML + CSS + jQuery
Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona