SDWEB Solucións Dixitais, S.L., en el marco del programa ICEX Next, ha contado con el apoyo de ICEX y con la cofinanciación del fondo europeo FEDER. La finalidad de este apoyo es contribuir al desarrollo internacional de la empresa y su entorno.
O maior reto para a nosa empresa foi, sen lugar a dúbidas, pensar e deseñar diversos xogos e itinerarios interactivos para os máis pequenos e as súas familias.
Trátase do maior reto xa que un simple "non me gusta este xogo" ou "abúrrome" botaría ao traste moitas horas de traballo.
Ver o interese que despertaron os materiais impresos e dixitais que desenvolvemos anímanos a seguir por este camiño
Detallámosvos este proxecto:
1. Empezamos por desmigar todo o material que nos entregou o cliente deseñando contidos con información clara, estruturada e creada co alumno en mente
2. Nesta primeira fase decidimos elaborar dous tipos de contidos. Por unha parte un eco-trivial moi divertido, con preguntas e respostas en forma de baralla cun claro enfoque didáctico e un personaxe, unha fermosa bolboreta, disposta a cambiar este mundo.
Por outra parte deseñamos 6 itinerarios interactivos, verdadeiras experencias para realizar en familia. Estes itinerarios ofrecen a posibilidade de explorar, de aprender divertíndose e poñendo en xogo todos os recursos para estimular e facilitar a aprendizaxe.
3. Contidos dixitais adaptados a iPad
Estaba claro que as necesidades das novas xeracións quedábanse a medias se non adaptábamos estes contidos ao formato dixital en concreto ao iPad. A posibilidade de "suxetar" os contidos nas mans e manexalos coa interface táctil dun iPad crea unha nova experiencia de usuario totalmente diferente.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|