O Concello de Mugardos confiou en nos para redefinir o seu portal web.
Os obxectivos do concello buscaban facer máis racional a estrutura de contidos e mellorar a experiencia do usuario.
Ao mesmo tempo, en relación coa xestión interna, plantexouse integrar un sistema de xestión de contidos que permitira administrar a información fácilmente e integrar a aplicación SIGEM para o desenvolvemento da administración electrónica.
En base á nosa experiencia propuxemos entre outros aspectos:
- Cambiar o paradigma de navegación planteando menús e funcionalidades de forma personalizada de acordo co tipo de usuario que accede ao website (veciño do municipio, turista que o visita, organización, usuario que desexa facer trámites on-line...).
- Privilexiar a simplicidade da interface concentrando a atención dos usuarios en determinados elementos e favorecendo a fluidez da experiencia.
- Aplicar unha linguaxe natural e cercana.
- Desenvolver a web en base a criterios semánticos para lograr un óptimo posicionamento nos buscardores.
- Cumprir os estándares internacionais XHTML - CSS2 - WAI AA.
- Integrar un sistema de xestión de estatísticas para poder valorar o número de visitas, procedencia, tempo de uso, palabras clave...
Unha vez que presentamos o portal web o cliente está visualizando o Retorno da Inversión cun considerable aumento das visitas diarias e permanencia na web.
Obxectivo cumprido :)