Este proxecto foi un dos máis interesantes que desenvolvemos no último año. É común que nas grandes organizacións se desenvolvan múltiples aplicacións corporativas para tarefas diversas: xestión de facturas, xestión de persoal, matrículación, aplicacións específicas... e normalmente chega un momento en que alguén se pregunta ¿pero porque non temos unha imaxe homoxénea?
Este era o problema co que se encontraba a Universidade de Santiago de Compostela así que nos puxemos a traballar en colaboración coa área TIC desta Universidade.
O primeiro paso consistíu en identificar todas as aplicacións corporativas que íbamos a redefinir.
Estas caracterizábanse pola súa diversidade tanto no aspecto gráfico como na estruturación de campos. Tratábanse de aplicacións deseñadas fai máis de 10 anos que non tiveran en conta conceptos como a usabilidade, amigabilidade ou arquitectura da información.
Previamente a realizar calquera deseño gráfico utilizamos a ferramenta
Balsamic Mockups(
http://cbalsamiq.com/products/mockups) ideal para definir arquitecturas de información e secuencias de navegación de usuarios en función dos seus roles.
O seguinte paso consistíu, sobre a base das propostas de arquitectura da información, propoñer un redeseño gráfico atractivo nos detalles gráficos, moi limpo e que priorizase unha lectura fácil por parte do usuario.
A continuación puxémonos a programar os diferentes interfaces coa adaptación dos
elementos de jquery UI á guía de estilo gráfico da USC.
A integración dos elementos de jquery UI permitíronnos ofrecer un plus de calidade e de atractivo gráfico ás aplicacións.
Chegados a este punto fixemos os
primeiros testeos con usuarios finais para coñecer as súas apreciacións e retocar as nosas propostas gráficas iniciais.
Ao final conseguímolo, reelaboramos os interfaces coas aportacións dos usuarios finais, presentamos o manual de estilo para as aplicacións dixitais e o código para a súa implementación progresiva.