Na maioría dos casos para el desenvolvemento web utilizamos xestores de contido e código web co obxectivo de prover ao cliente dun sistema de xestión de contidos amigable, así como favorecer o posicionamento nos buscadores.
Ao mesmo tiempo sempre buscamos adaptar a tecnoloxía ao servizo dos nosos clientes e por este motivo no caso da empresa galega Galevents Incentivos decidimos optar pola tecnoloxía flash.
Galevents Incentivos, adicada á organización de eventos, ten máis de 13 anos de experiencia e é moi recoñecida no seu sector.
O seu obxectivo era presentar unha web moi atractiva a modo de presentación dinámica que de forma moi rápida explicara as súas iniciativas.
Neste caso pensamos unha arquitectura da información e nos puxemos a desenvolver a súa web corporativa.
AS tarefas realizadas neste proxecto consistiron en:
- Definición da arquitectura da información
- Deseño gráfico e desenvolvemento web en tecnoloxía flash
- Mellora da usabilidade con respecto ao portal web orixinal planteando unha estrutura máis simple e intuitiva
- Multiidioma e xestor de contidos amigable en flash.
Ao final logramos o obxectivo que non era máis que presentar un medio de comunicación elegante e accesible entre a empresa e os seus asiduos, terceiras empresas a nivel internacional.
Por qué en ocasións nos complicamos tanto? ... :)