A qué vos dedicades?
Igualdade e Narón
O noso traballo neste proxecto consistiu en definir unha estratexia de comunicación adecuada en Internet.

En canto á imaxe corporativa buscamos lograr un espazo web que trasmitira dinamismo e alegría potenciando o concepto de participación.

Foi por este motivo que escollimos cores vivas, tipografías grandes e amigables para facilitar a lectura e elementos de transicións de diapositivas (Slideshare).

Por outra parte encontrabamos unha gran cantidade de contido e servizos que había que transmitir. En canto á arquitectura da información buscábamos que o usuario “nun único golpe de vista” coñecera toda a información e servizos que se ofrecían.

Ademais consideramos outros elementos que facilitan a usabilidade das páxinas como as migas de pan, menús cun número de ítems limitados, versión para imprimir ou pdf…

Como non, tamén planteamos a estratexia para que este espazo web consiga un bon posicionamento nos buscadores, evitando elementos de flash, etiquetando todas as imáxes con texto alternativo e incorporando un módulo de metakeywords e metadescription

O resultado deste traballo é http://www.igualdade.naron.es un proxecto realizado con todo o cariño do noso equipo no que continuamos colaborando actualmente con labores de dinamización de contidos e posicionamento en buscadores e redes sociais.















Características

Cliente

Servizo de Igualdade. Concello de Narón

Tecnoloxía

CMS Drupal
Branding + diseño
Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona