A empresa Azerta Consultoría Tecnolóxica tiña un problema co volumen de información que xestionaban.
Tratábase de grandes volumes de documentación sobre diferentes aspectos (proxectos, financiación, administración, xestión, personal, departamentos...)
Previamente á implantación de calquera tecnoloxía Sdweb realizou unha auditoría de información para coñecer os procesos, perfiles de usuarios, valor estratéxico da documentación...
Tras esta análise decidiuse implantar o xestor documental Alfresco e trasladar todos os procesos e documentación ao novo entorno.
O resultado deste proxecto foi moi positivo, en palabras de Antonio González, xerente de Azerta:
"a implantación dun sistema de xestión documental permitiunos optimizar a recuperación da información e centrarnos no noso traballo"