What do you dedicate?
Elementos centrais na experiencia de usuario
November 1, 2011

En moitas ocasión as empresas de comunicación dixital adicamos o noso tempo (en Sdweb entendemos que debería ser así) a falar de usuabilidade, é dicir, a facilidade coa que as persoas utilizan as ferramentas que deseñamos e programamos


Tamén é certo que moitas destas probas de usabilidade baséanse máis en estudos independentes (Estudo de usabilidade da Universidade "X", Pautas de usabilidade para desenvolver aplicacións para móbiles...) que na propia observación de como os nosos clientes utilizan realmente un sitio web (ou os seus prototipos) e ver se os produtos cumpre as necesidades dos clientes e proporciona unha experiencia atractiva para eles.


A nosa experiencia real co proxecto ComposteladeSantiago levounos á conclusión de que as probas de usabilidade é a única maneira de observar directamente e evaluar se un produto é fácil de usar, e si se ofrece ao cliente unha experiencia de usuario satisfactoria


ComposteladeSantiago, trátase dun proxecto piloto que botamos a andar vai aproximadamente un ano.

Nacía co obxectivo de converterse nunha rede de comerciantes a nivel de Santiago de Compostela e acabou por chegar a ser un canal de información aberta, alegre, desenfadada a un público entre os 20-40 anos

 

Neste proxecto si que puidemos observar a experiencia dos clientes actuais e identificar o que funciona (tanto a nivel tecnolóxico como a nivel conceptual) e as oportunidades de mellora.

 

Para acadar que os nosos usuarios teñan unha experiencia de cliente convincente un sitio web de ser eficaz nos elementos centrais da experiencia do usuario:

  1. Visualización do deseño Trátase dun deseño eficaz? É compatible coas necesidades do usuario e os obxectivos de negocio?.
  2. Interface de usuario Son as características da interface e os seus compoñentes (menús, clasificación e opción de filtrado, buscas, páxinas en detalle, etc) eficientes na interacción do usuario?.
  3. Navegación Os usuarios poden moverse con facilidade dunha información para outra no Website?. Está pensada a web para ofrecerlle información relacionada semánticamente facilitando unha navegación intuitiva?
  4. Arquitectura da Información Está a información organizada de xeito que teña sentido para o noso público obxectivo?.
  5. Experiencia do usuario Non podemos olvidar que o usuario non só visita os nosos espazos web senón que navega constantemente pola rede (dende un PC, dende un móbil, dende unha tablet... A súa experiencia de usuario é relativa, varia en cada momento, en función do que nos ofrecemos e o que ofrece a competencia.


Un sitio web específico pode ter éxito nun momento concreto pero se falla o modelo de negocio o éxito a longo prazo é complicado.

 

Eyetracking

Para poder valorar estes indicadores apostamos por unha ferramenta de eyetracking que nos permitiu seguir os movementos oculares dunha persoa para inferir o que mira.


Esta tecnoloxía funciaona mediante un monitor especial que lanza raios infravermellos aos ollos de quen o usa. Estes raios rebotan na súa pupila e volven ao aparato, permitindo así calcular con precisión onde está mirando. En paralelo combinamos técnicas máis tradicionais, como os test de usuario


A conclusión a este traballo permanente tomando como referencia o proxecto ComposteladeSantiago é que resulta importante non guiarse polos "instintos" de deseñadores, programadores ou dos propios clientes. Os datos sempre gañan ás conxeturas.


Deixar de especular e empezar a apoiarse en datos obxectivos axudaranos a obter a ventaxa competitiva que necesitamos.

Sdweb S.L. Santiago de Compostela - Barcelona