SDWEB Solucións Dixitais, S.L., en el marco del programa ICEX Next, ha contado con el apoyo de ICEX y con la cofinanciación del fondo europeo FEDER. La finalidad de este apoyo es contribuir al desarrollo internacional de la empresa y su entorno.
	
    
      
      
          
Aproveitamos o verán para localizar ao galego o xestor documental Alfresco unha das aplicacións que máis estamos a utilizar polas ferramentas que aporta e a súa robustez
	
	Este xestor documental, desenvolvido en software libre, é unha das aplicacións máis potentes existentes no mercado competindo con outros xestores documentais propietarios como Documentum ou Share Point.
	
	A nova localización foi validada pola comunidade de usuarios e socios de Alfresco e encóntrase accesible para a súa descargar a través de URL  Projects - Alfresco - Sdweb - Galego .
	
	A gran vantaxe da nova localización ao galego, que ven a substituír unha localización anterior do ano 2007, é que incorpora todo o entorno de Share ou intranet colaborativa.
	
	O espazo colaborativo de Alfresco, xestión documental e intranet corporativa.
	
	O “Share” de Alfresco consiste nunha intranet colaborativa onde os usuarios poden acceder ao xestor documental e ao mesmo tempo teñen ferramentas para pór en común a documentación grazas a wikis, calendario de eventos, lista de tarefas, blogs, foros ou directorios de contacto.
	
	Esta nova funcionalidade supuxo un importante avance no xestor documental que xa non só se limita a organizar á información senón que permite crear unha intranet colaborativa a través da cal se organicen as empresas.
	
	A nosa experiencia
	
	Dende a nosa creación traballamos na implantación de Alfresco como sistema de xestión documental e intranet corporativa, definindo os fluxos de traballo das organizacións.
	
	O seu funcionamento é realmente óptimo ao ser un sistema moi robusto programado sobre JAVA e contar cunha importante comunidade de desenvolvedores cos que interactuamos e nos damos soporte mútuo.
	
	Noutros proxecto integramos o xestor documental cun sistema de  OCR (Optical Character Recognition) para a dixitalización automatizada de documentación.