Unha boa nova para o noso equipo, o pasado xoves recibimos os premios Innova-G “Mellor desenvolvemento centrado nos cidadáns” e “Mellor deseño para todos”.
Estes premios foron convocados por
AGESTIC, a Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic) que premiou por primeira vez a diferentes pemes galegas polo
"seu esforzo innovador".
Ademais do noso equipo outras empresas do sector recibiron o pasado xoves outros galardón noutras categorías nun acto celebrado en Santiago de Compostela, que estivo marcado por unha felicitación unánime ás compañías recoñecidas.
A primeira edición dos Premios Innova-G foi un proxecto cofinaciado polo IGAPE e a Xunta de Galicia e contou coa colaboración da Universidade de Vigo, Grupo El Progreso, Grupo Femxa e Caixa Galicia.
Pois o dito, a seguir traballando :)
Novas relacionadas:La Voz de Galicia:
"La web de Mocidade recibe dos premios de la asociación gallega de empresas tecnológicas"